Skip to content
bodegon caja

Os teus eventos,
celebracións
e agasallos de empresa
deixarán un gran sabor
de boca

Sabemos que hai eventos únicos, celebracións únicas, agasallos únicos e persoas únicas. E únicos son precisamente os VERSOS, sobremesas elaboradas unha a unha no noso obradoiro para axudarche precisamente a deixar o mellor sabor de boca nesas ocasións tan especiais para ti, xa sexa no ámbito persoal e familiar, ou no empresarial e institucional.

No primeiro, porque hai momentos na vida nos que simplemente queremos compartir cos nosos, celebrar con eles ocasións que seguramente non se volvan repetir. Unha voda, un bautizo, un aniversario, unha comuñón… son todas ocasións moi especiais e, por iso, ofrecémosche un servizo especializado que che permitirá adozar aínda máis esa data tan sinalada para ti. 

No segundo, porque o evento que estades organizando precisa ese “non sabes que” que marque a diferenza, que che axude a redondear o encontro para que todo saia perfecto. Unha inauguración, un buffet doce para un congreso, unha degustación larpeira a media tarde para o teu stand nunha feira,… Por non falar do teu regalo de empresa! Cantos nadais buscaches unha alternativa minimamente orixinal á típica cesta de turróns?

VERSOS ofréceche a oportunidade de distinguir o teu evento ou celebración con ese toque único e singular que estabas buscando. A variedade e versatilidade da nosa carta, a capacidade de elaborar ao teu gusto baixo pedido, as vistosas caixas nas que entregamos as nosas sobremesas e a posibilidade de personalizalas son opcións que podes manexar en función das túas necesidades.

Nós poñemos o resto: sobremesas únicas e artesás, elaboradas con todo o noso agarimo, un servizo profesional e a maior calidade ao mellor prezo.          

Contacta con nós e cóntanos que precisas! 

Personalizamos os nosos VERSOS para todo tipo de eventos e celebracións e tamén chos preparamos segundo as túas indicacións para agasallos de empresa.

   

Contacta con nós e cóntanos que precisas! 

Personalizamos os nosos VERSOS para todo tipo de eventos e celebracións e tamén chos preparamos segundo as túas indicacións para agasallos de empresa.

 

miniversos 06
Buffet doce e degustacións para eventos
versos con ingredientes 24_v2
Catering larpeiro para empresas
versos con ingredientes 11_v2
Servizo especial para vodas e outras celebracións
caja reparto
CAIXA DE VERSOS: un doce agasallo corporativo
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad