Hostalería | Versos de A Ruda
miniversos 04

A SOLUCIÓN
DE SOBREMESAS
PARA VOSO
RESTAURANTE

Cantas veces cuestionastes o esforzo que vos supón a elaboración e o servizo de sobremesas propias no voso restaurante? Cantas propostas do mercado probastes para poder ofrecer unha boa sobremesa? E cantas vos achegan, de verdade, un resultado realmente satisfactorio tanto para os vosos clientes, como para a boa marcha do voso negocio?

Ao igual que vós, nós tamén somos hostaleiros, e sabemos de primeira man o difícil que é elaborar sobremesas durante un servizo e o complicadísimo que resulta atopar alternativas de verdadeira calidade que simplifiquen o día a día do restaurante, comprazan ao cliente e, polo tanto, contribúan ao éxito do establecemento.

Por iso, con moito esforzo e unha paixón ilimitada polas sobremesas, desenvolvemos unha solución específica para hostalería e restauración, unha liña de sobremesas propia, nova e diferente: VERSOS.

VERSOS son sobremesas artesás, frescas, galegas, moi atractivas e saborosas que, segundo a nosa propia experiencia e a doutros compañeiros, cumpre a máxima de “quen proba, repite”. E pensamos que é así porque os elaboramos nós mesmos no noso obradoiro, sen aditivos nin conservantes, con ingredientes naturais e materias primas de primeira calidade, con receitas caseiras e co sabor da nosa cociña de sempre.

Debes saber ademais que na configuración da nosa carta contamos tamén coas impresións e as sensacións dos propios clientes, a nosa verdadeira razón de ser. Así, as nosas sobremesas artesás foron evolucionando segundo as súas opinións, gustos e preferencias, de tal modo que, nun proceso case de selección natural, quedámonos cos que máis gustan e espertan grandes paixóns.

En definitiva, unha deliciosa experiencia gastronómica para o comensal –envasada en suxestivos formatos (individuais ou para degustación), sen necesidade de preparación algunha en cociña e, polo tanto, lista para servir– que queremos compartir con vós porque estamos convencidos de que é a solución de sobremesas que estades agardando e que vos axudará a medrar no voso restaurante.

 

Se estades interesados en medrar con nós, chamádenos sen compromiso

Informarémosvos das nosas solucións para hostalería e levarémosvos unha degustación gratuíta ao voso establecemento

t. 986 902 626 / versos@versosonline.com

versos con ingredientes 29_v2
Deliciosas sobremesas artesas, frescas, galegas
e adaptados aos gustos dos vosos clientes
versos con ingredientes 07_v3
Elaboradas sempre con receitas caseiras,
entregarémosvolas listas para servir e sen necesidade de empratar
versos con ingredientes 01_v2
Carta ampla e variada, segundo as necesidades do voso restaurante
e
versos con ingredientes 21_v2
Distribuídas persoalmente ao voso establecemento nun servizo de atención integral