Materias primas
de primeira qualidade
Elaboramos as nosas sobremesas sempre con materias primas de primeira calidade, naturais e, normalmente, de orixe galega. Froitas frescas e de tempada, queixos e lácteos ou licores selectos da terra son algúns dos produtos que utilizamos porque estamos convencidos de que a calidade das nosas elaboracións comeza pola das súas materias primas. Por iso, “os mellores ingredientes para as mellores sobremesas” xa se converteu nun dos principais leitmotiv de VERSOS.
E é así porque non somos capaces de concibilo doutro xeito; sabemos que a calidade e o sabor das nosas sobremesas son únicos porque detrás de cada unha delas hai xénero de primeira categoría que, grazas a un receitario caseiro e a un proceso de elaboración totalmente artesanal, permítennos non só matizar, enriquecer e ennobrecer sabores, senón tamén espertar padais, evocar sensacións e, mesmo, revivir emocións.
Este é o noso verdadeiro obxectivo, converter os nosos VERSOS en experiencias únicas, en verdadeiros momentos de pracer, sexa cal sexa a ocasión, sexa cal sexa o lugar, sexa cal sexa a compañía.