Skip to content
artesano

Verso a Verso:
elaboración artesanal

Dispoñemos de obradoiro propio e nel aproveitamos ao máximo a calidade das mellores materias primas grazas a unha elaboración artesanal, baseada en receitas caseiras que afondan as súas raíces no máis tradicional da cociña galega. A diferencia dos procedementos industriais, nós realizamos VERSO a VERSO a través dun laborioso proceso no que se coidan todos e cada un dos detalles, dende a chegada de cada ingrediente ata o envasado final. 

Entendemos a elaboración de cada unha das nosas sobremesas como unha creación única onde priman o esmero, a dedicación e o tempo que necesita cada unha delas. Non obedecemos ás regras de estandarización da produción industrial, senón ás da calidade da elaboración artesanal e o noso fin último é converter as nosas sobremesas nun delicatessen para os padais máis esixentes, xa sexa directamente ou a través dos establecementos hostaleiros que deciden servir os nosos VERSOS.

Ademais, esta aposta polo artesanal dótanos tamén dunha gran versatilidade, xa sexa para adaptarnos aos gustos do comensal cunha carta variada e en permanente evolución, como para adecuarnos ás necesidades de cada restaurante, tanto en tempos de distribución, como en formatos ou sabores. 

versos con ingredientes 29_v2
Deliciosas sobremesas artesas, frescas, galegas
e adaptados aos gustos dos vosos clientes
versos con ingredientes 07_v3
Elaboradas sempre con receitas caseiras,
entregarémosvolas listas para servir e sen necesidade de empratar
versos con ingredientes 01_v2
Carta ampla e variada, segundo as necesidades do voso restaurante
e
versos con ingredientes 21_v2
Distribuídas persoalmente ao voso establecemento nun servizo de atención integral
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad