O noso
servizo:
de persoa
a persoa
Se ofrecer sobremesas únicas é a nosa razón de ser, entregalas aos nosos clientes co mellor servizo é a nosa maneira de ser. Así cando menos é como entendemos o noso negocio; en realidade, é o único xeito en que entendemos o noso negocio: sobremesas feitas por persoas, para persoas e entregadas de persoa a persoa.
- No voso restaurante, a través dun servizo de atención integral co que vos acompañamos dende a instalación do frigo-expositor á actualización periódica e personalizada da vosa carta.
- No voso evento ou celebración, coidando todos e cada un dos detalles para que todo saia simplemente perfecto.
- E na venta directa, a través da que vos facemos chegar as sobremesas que nos encarguedes cun servizo directo, eficiente e sobre todo sinxelo.
Sen máis complicacións nin máis adornos porque, á fin e ao cabo, nós o único que vos ofrecemos son sobremesas feitas por persoas e para persoas.